A SUPERWOMAN DO SÁBADO POLA NOITE (2010)
Descripción de la obra

Foi unha peza creada para participar na mostra colectiva Le Rest du cabaret. Recuperaba á Superwoman que xa creei para a performance “De superwoman a megayonkie” (2009). Pero neste caso o traballo centrábase nas presións que a muller actual sofre para ter que manter un aspecto desexable, apetecible, sexy…sempre. A peza compuñase dun expositor con oito caixas: catro eran da Superwoman do sábado pola noite ás 23:17: a muller que acicalada agarda ao galán de turno que -de novo- chega tarde.

As outras catro caixas correspondían á Superwoman do sábado pola noite ás 1:43 da madrugada. O home xa marchou, ela observa un agasaio brillante (metáfora do compromiso prenupcial) na man. Soupolle a pouco o encontró, e a xoia non cobre os ocos.

As caixas simulan packagings de bonecas hinchables nunha sex-shop.

Detalles de la obra